jueves, 10 de diciembre de 2015

ACTIVIDADE10

Crea unha nova entrada (ou publicación)no teu blog co nome ACTIVIDADE10.
Os conceptos están definidos nas páxinas 51 e 53 do libro (non é necesario buscar información adicional) e son os seguintes:
  • Navegadores GPS. Busca unha imaxe na rede. 
O GPS (Global Positioning System) é un sistema que permite determinar a posición dun obxecto ou dunha persoa , en calquera lugar do planeta , cunha precisión de poucos metros ou , mesmo centímetros.
A tecnoloxía GPS está baseada na utilización de 24 satélites cuxas órbitas están sincronizadas para cubrir toda a superficie terrestre.
Os navegadores GPS dispoñen dun receptor GPS capaz de recibir os sinais dos satélites.Unha vez que o receptor ten o sinal de catro satélites , polo menos , o navegador é capaz de determinar cal é a súa posición por triangulación.
Os navegadores dispoñen de cartografía e software específico para situar as coordenadas do GPS sobre o mapa , analizar as posibles rutas para chegar a un detino concreto e planificar a que consideren máis adecuada segundo os criterios que o usuario especifique.Ditos navegadores poden estar integrados , en vehículos e teléfonos intelixentes , ou ben como dispositivos independentes , sendo algúns dos modelos máis estendidos Navman e TomTom Navigator.
  • Google Glass. Busca unha imaxe na rede. 
Google Glass son unhas lentes de alta tecnoloxía , desenvolvidas por Google , que funcionan como asistente virtual utilizando realidade aumentada.Conectan ao usuario co seu teléfono intelixente a través da voz e a imaxe móstrase nunha pequena pantalla incorporada.Esta pantalla está conectada a unha cámara , un micrófono e un altofalante.Mediante unha conexión Wi-Fi e Bluetooth , as lentes poden comunicarse con outros dispositivos e aplicacións da internet.
Utilizan unha versión reducida do sistema operativo Android.Algunhas das súas aplicacións son tomar fotos , gravar vídeos , navegar por Internet e usar maioría de aplicacións de Google.
  • Smart Watch. Busca unha imaxe na rede. 
Un reloxo intelixente (SmartWatch) é un reloxo de pulseira que integra funcións similares ás dun teléfono intelixente ou un computador portátil.Utiliza a tecnoloxía Wi-Fi , Bluetooth ou conexión móbil para conectarse a Internet e intercambiar información con outros dispositivos.
Estes dispositivos poden incluír características como un acelerómetro , altímetro , barómetro , compás , cronógrafo , equipo de mergullo , calculadora , teléfono móbil , GPS , pantalla gráfica , altofalante , axenda , etc.
Doutra banda , estes reloxos inclúen o seu propio sistema de aplicacións , que adoitan estar relacionadas coa saúde e o deporte , a produtividade , os contidos multimedia , os xogos e o acceso a redes sociais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario