martes, 22 de septiembre de 2015

A miña música preferida.

O meu estilo de música preferido é o rock alternativo , un xénero musical que naceu nos anos 80 e que moitas veces utiliza música composta por sons e elementos musicais non tradicionais, con menos melodía, harmonía ou ritmo, apegándose á chamada cultura underground (é dicir, un xénero anti-popular, anti-comercial e contrario aos estilos comúns e populares).



Aínda que a denominación fai referencia ao rock, algúns dos subxéneros que engloba tamén reciben a influencia doutros estilos como o folk, ou o jazz entre outros.Durante os 80, o éxito comercial dalgúns grupos de rock alternativo que non abandonaron as súas formulacións orixinais como Sonic Youth, R.E.M. ou The Cure, supuxo que non se dese tanta importancia para gravar para unha discográfica independente ou ter éxito unicamente en circuítos underground, como a ser unha alternativa á música comercial.Nos 90, ademais da maduración e a profundización do xénero, algúns subxéneros alcanzaron o esquivo éxito popular.



Resultado de imaxes para imagine dragons wikiUn dos meus grupos favoritos de rock alternativo é Imagine Dragons , unha banda de rock alternativo das Vegas, Nevada. A banda gañou fama en setembro de 2012 co lanzamento do seu primeiro álbum de estudo Night Visions e ou seu primeiro sinxelo, "It's Time". O álbum acadou o número 2 na lista Billboard 200 e puxo unha xira mundial durante o 2013. Segundo a revista Billboard, Imagine Dragons copou as listas de rock non 2013.Billboard calificou Imagine Dragons como "A banda rupturista do 2013", e Rolling Stone considerou a "Radioactive" "o meirande éxito rock do ano."